Xa me tarda o encontro na Escola Oficial de Idiomas de Lugo.
Monthly Archives: Outubro 2016
Se queres, chámame Nemo
Entre tanto, o rapaz sen nome e o seu can cinsento percorrían o regato recollendo as maletas.
—Ese animal é un fenómeno —comentou Daniel—. Nada coma un peixe.
O outro asentiu,
—De feito, chámase Nautilus, que significa ‘mariñeiro’. En tempos foi dun pescador.
A Daniel pareceulle que unha sombra escura cruzaba os ollos do cativo.
—Nautilus —repetiu o mozo—. É un nome bonito. E podo saber cal é o teu?
O outro viroulle as costas.
—Non teño nome —respondeu—. Tiña un, pero hai tempo que o esquecín. Agora non son ninguén.
—E logo, como teño que chamarte?
—Se queres, chámame Nemo.
Nemo, o rapaz sen nome
David Morosinotto
Tradución: María Alonso Seisdedos
Edicións Xerais de Galicia
2016
Novo pulo á tradución literaria galega
Benvida sexa a iniciativa da editorial Hugin e Munin, que convoca, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, a primeira edición do Premio Realia de Tradución Literaria.
As bases pódense consultar aquí.