Premio ou castigo?

img_20201203_055759

O primeiro día que saín da casa con pantalóns curtos e pelos (moitos pelos e moi longos) nas pernas, sentinme totalmente vulnerable e eufórica. Non sabía o que ía pasar, pero estaba a romper unha norma moi ríxida. Unha norma que investira horas, diñeiro, suor e bágoas en manter. Sentíame orgullosa da miña decisión e, asemade, ridícula pola cativeza innegable do xesto. Milleiros de mulleres cada día a loitar por causas nobres, nobilísimas, importantísimas, e eu orgullosa por ensinar uns cantos pelos.

Bel Olid: A contrapelo ou por que rachar co círculo de depilación, submisión e autoodio
Edicións Embora, 2020
Ilustración de cuberta: Elga Fernández Lamas
Tradución: María Alonso Seisdedos