A fraga máxica

A casona dos avós de Lucas e Mariña tremía.

Era coma se un elefante estivese a bailar claqué no corredor.

―Non é un terremoto ―dixo Mariña, atenta―. Hai algo que se move pola casa adiante!

―Veña, vamos ver que é! ―propuxo Zoe, reloucando de emoción. Foi a primeira en saír ao corredor. Mariña e Lucas seguírona. Entón viron un relampo prateado. Pasou por eles coma un foguete…

Os Rescatadores Máxicos e a trapela a Imaxinaria / Os Rescatadores Máxicos e o aniversario do revés
La Galera, Sau Editorial. 2020
Texto: Sabrina Catdoor / Ilustracións: David Sierra Listón
Tradución: María Alonso Seisdedos