Biqueira de aceiro

IMG_20210626_111633

Se me viro para a nosa casa, na aba do outeiro, vexo outra clase de movementos, sombras altas que se abren paso, irtas, contra as correntes. Os meus irmáns espertaron, tentean o ambiente. Imaxino a miña nai no fogón, pairando sobre as tortiñas. A meu pai píntoo alombado na porta traseira, amalloando as botas de biqueira de aceiro e enfundando as mans calosas nas luvas de soldador. Acolá embaixo, na estrada, pasa o autobús escolar sen deterse.

Tara Westover: Unha educación (Educated). Hércules de Ediciones, 2021
Ilustración de cuberta: Marcos Viso
Tradución: María Alonso Seisdedos