O mundo coñeceu, vistas polos ollos de Anne Frank, as oito persoas que se ocultaron durante dous anos nun edificio do Prinsengracht, descritas de xeito íntimo a través das vivencias dunha púbere en pleno proceso de maduración.
Este libro trata desas oito persoas: Otto, Edith, Margot e Anne Frank, Hermann, Auguste e Peter van Pels, e Fritz Pfeffer. Todos eran xudeus que fuxiron da Alemaña nazi durante os anos trinta para reconstruíren a vida nos Países Baixos. Esas oito persoas agocháronse xuntas durante o verán e o outono de 1942 para tratar de sobrevivir á persecución dos xudeus por parte dos nazis.
Von Benda-Beckmann, Bas: Despois do diario de Anne Frank (Na het Achterhuis). Kalandraka, 2022.
Tradución: Antón Vialle e María Alonso Seisdedos