ESTUDOS
Licenciada en Filosofía e Letras (División de Filoloxía, Sección Filología Hispánica) pola Universitat Autònoma de Barcelona (1984) e en Filoloxía (Sección Filoloxía Galego-Portuguesa) pola Universidade de Santiago de Compostela (1988).
Curso de Formación Inicial para Profesores de Español como Lingua Estranxeira do Instituto Cervantes (2015).
TRAXECTORIA PROFESIONAL
Desde 1985 exerzo no eido da tradución para dobraxe e subtitulación de audiovisuais.
En 2009 estreeime profesionalmente na tradución literaria da man da Editorial Galaxia con O museo da inocencia, de Orhan Pamuk, en colaboración con Bartuk Aykan e que foi recoñecida co premio AELG Á Mellor Tradución dese ano.
Teño experiencia ampla en correccións ortotipográficas e de estilo, tanto en castelán como en galego.
IDIOMAS DE TRABALLO
De inglés, italiano, francés, portugués, catalán e alemán a galego e castelán.
Teño coñecementos de éuscaro, ruso, árabe, xaponés e chinés.
FERRAMENTAS INFORMÁTICAS
MemoQ
PREMIOS
Orhan Pamuk: O museo da inocencia (Masumiyet müzesi), Editorial Galaxia, 2009 (con Bartug Aykan). Premio á Mellor Tradución de 2009 da AELG.
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Adultos Traducido en 2011 por O libro negro, de Orhan Pamuk e cotraducido con Bartug Aykan.
James Joyce: Ulises (Ulysses), Editorial Galaxia, 2013 (con Eva Almazán, Xavier Queipo e Antón Vialle). Premio Á Mellor Tradución de 2013 de Fervenzas Literarias; Lois Tobío de Tradución da AGE; Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galiza; Á Mellor Tradución 2013 da AELG; Premio Nacional a la Mejor Traducción de 2013 do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
I Premio Xela Arias da AGPTI en 2018 pola traxectoria profesional.
OUTROS VICIOS
E xunto coas palabras, palabras, palabras…, apaixóname a Bioloxía.